uoHoooooo ¡¡¡¡¡ vexo canas!!!!!!....

Un día calquera, unha vai lavarse os dentes, peitéase, e cando se mira ao espello descobre unha cana.
Unha cana.
Un só e insignificante cabelo branco entre os millóns e millóns de cabelos que posuímos, pero que é (que casualidade!!!) o que máis se ve.
Parece de neón, atrapa poderosamente a mirada e, asombrada, pregúntasche de onde saíu esa cana, ou como non a viches antes.
A cousa é que esta aí.
Non significa nada.
É un pelo branco.
Nada máis.
Pero está, muda pero dicindo todo.
E unha pensa despois nesa cana non digamos todo o resto do día, pero si un bo intre.
"¿Tíngoma? Non, tinguirme todo o pelo por unha cana?"
"¿Arríncoma? NON!! Sáenme sete"
"Se ma corto ao ras despois crece con máis forza..."
"¿¡XA me saen canas!?"
"Esta é a primeira de varias, seguro que teño máis e non me dei conta..."
"Se me ato o pelo así, coa febilla que estea lado...."
"É o stress que me fai saír canas"
"Logo disto, veñen engúrralas"
"¡¡¡Cálache!!! ¿Cantas máis canas queres que me salgan?".
Non, non significa nada.
Pero significa moito.
Supoño que é o comezo dun proceso, como cando saen os dentes, como cando nos desenvolvemos.
É un pelo que avisa, que advirte.
"Non che fagas a tola, xa non estás para eses trotes".
"Actúa con madurez dunha vez na túa vida".
Hai xente que non lles dá bolilla, e que ata as aprecia, din que son o símbolo do crecemento, da sabedoría. Eu son máis frívola, admítoo.
E vólvome tola cando vexo unha cana.
¡¡Tan tola, que mas arrinco!!

Comentarios (0) - Referencias (0)