Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

O diario "non diario" de lua

vampiresa.gif

O esencial é invisible aos ollos

"Entón apareceu o raposo:
Bos días! -dixo o raposo.
Bos días! -respondeu cortésmente o principiño que se volveu pero non viu nada.
-Estou aquí, baixo o manzano -dixo a voz.
-¿Quen es ti? -preguntou o principiño-. ¡Que bonito es!
-Son un raposo -dixo o raposo.
-Ven a xogar comigo propúxolle o principiño-, ¡estou tan triste!
-Non podo xogar contigo -dixo o raposo-, non estou domesticado.
Ah, perdón! -dixo o principiño.
Pero logo dunha breve reflexión, engadiu:
-¿Que significa "domesticar"?
-Ti non es de aquí -dixo o raposo- ¿que buscas?
-Busco aos homes -respondeulle o principiño-. ¿Que significa "domesticar"?
-Os homes -dixo o raposo- teñen escopetas e cazan. ¡É moi molesto! Pero tamén crían galiñas. É o único que lles interesa. ¿Ti buscas galiñas?
-Non -díxo o principiño-. Busco amigos. ¿Que significa "domesticar"? -volveu preguntar o principiño.
-É unha cousa xa esquecida -dixo o raposo-, significa "crear lazos... "
-¿Crear lazos?
-Efectivamente, verás -dixo o raposo-. Ti non es para min aínda máis que un raparigo igual a outros cen mil raparigos. E non che necesito. Tampouco ti tes necesidade de min. Non son para ti máis que un raposo entre outros cen mil raposos semellantes. Pero se me domesticas, entón teremos necesidade o un do outro. Ti serás para min único no mundo, eu serei para ti único no mundo...
-Comezo a comprender -dixo o principiño-. Hai unha flor... creo que ela me domesticou...
-É posible -concedeu o raposo-, na Terra vense todo tipo de cousas.
Oh, non é na Terra! -exclamou o principiño.
O raposo pareceu intrigado:
-¿Noutro planeta?
-Si.
-¿Hai cazadores nese planeta?
-Non.
Que interesante! ¿E galiñas?
-Non.
-Nada é perfecto -suspirou o raposo.
E despois volvendo á súa idea:
-A miña vida é moi monótona. Cazo galiñas e os homes cázanme a min. Todas as galiñas parécense e todos os homes son iguais; por conseguinte abúrrome un pouco. Se ti me domesticas, a miña vida estará chea de sol. Coñecerei o rumor duns pasos diferentes a todos os demais. Os outros pasos fanme esconder baixo a terra; os teus chamaranme fóra da madriguera como unha música. E ademais, ¡mira! ¿Ves alá abaixo os campos de trigo? Eu non como pan e polo tanto o trigo é para min algo inútil. Os campos de trigo non me recordan nada e iso ponme triste. ¡Pero ti tes os cabelos dourados e será algo marabilloso cando me domestiques! O trigo, que é dourado tamén, será un recordo de ti. E amarei o ruído do vento no trigo.
O raposo calouse e mirou un bo intre ao principiño:
-Por favor... domestícame -díxolle.
-Ben quixese -respondeulle o principiño pero non teño moito tempo. Hei de buscar amigos e coñecer moitas cousas.
-Só se coñecen ben as cousas que se domestican -dixo o raposo-. Os homes xa non teñen tempo de coñecer nada. Cómprano todo feito nas tendas. E como non hai tendas onde vendan amigos, os homes non teñen xa amigos. ¡Se queres un amigo, domestícame!
-¿Que debo facer? -preguntou o principiño.
-Debes ter moita paciencia -respondeu o raposo-. Sentarasche ao principio un pouco lonxe de min, así, no chan; eu mirareiche de esguello e ti non me dirás nada. A linguaxe é fonte de malos entendidos. Pero cada día poderás sentarche un pouco máis preto...
O principiño volveu ao día seguinte.
-fose mellor -dixo o raposo- que viñeses á mesma hora. Se vés, por exemplo, ás catro da tarde; desde as tres eu empezaría a ser ditoso. Canto máis avance a hora, máis feliz sentireime. Ás catro sentireime axitado e inquedo, descubrirei así o que vale a feliçidade. Pero se ti vés a calquera hora, nunça saberei cando preparar o meu corazón... Os ritos son necesarios.
-¿Que é un rito? -inquiriu o principiño.
tamén algo demasiado esquecido -dixo o raposo-. É o que fai que un día non se pareza a outro día e que unha hora sexa diferente a outra. Entre os cazadores, por exemplo, hai un rito. Os xoves bailan coas raparigas do pobo. Os xoves entón son días marabillosos nos que podo ir de paseo ata a viña. Se os cazadores non bailasen en día fixo, todos os días pareceríanse e eu non tería vacacións.
Deste xeito o principiño domesticou ao raposo. E cando se foi achegando o día da partida:
Ah! -dixo o raposo-, chorarei.
-Túa é a culpa -díxolle o principiño-, eu non quería facerche dano, pero ti quixeches que che domestique...
-Certamente -dixo o raposo.
- E vas chorar!, -dixo o principiño.
-¡Seguro!
-Non gañas nada.
-Gaño -dixo o raposo- gañei a causa da cor do trigo.
E logo engadiu:
-Vaite a ver as rosas; comprenderás que a túa é única no mundo. Volverás dicirme adeus e eu regalareiche un segredo.
O principiño foise a ver as rosas ás que dixo:
-Non son nada, nin en nada se parecen á miña rosa. Ninguén as domesticou nin vostedes domesticaron a ninguén. Son como o raposo era antes, que en nada se diferenciaba doutros cen mil raposos. Pero eu fíxenlle o meu amigo e agora é único no mundo.
As rosas sentíanse molestas oíndo ao principiño, que continuou dicíndolles:
-Son moi belas, pero están baleiras e ninguén daría a vida por vostedes. Calquera que as vexa poderá crer indudablemente que miña rosa é igual que calquera de vostedes. Pero ela sábese máis importante que todas, porque eu regueina, porque foi a ela á que abrigué co fanal, porque eu mateille os gusanos (salvo dous ou tres que se fixeron bolboretas ) e é a ela á que eu oín queixarse, encomiarse e algunhas veces ata calarse. Porque é a miña rosa, en fin.
E volveu co raposo.
-Adeus -díxolle.
-Adeus -dixo o raposo-. Velaquí o meu segredo, que non pode ser máis simple: Só co corazón pódese ver ben. O esencial é invisible para os ollos.
-O esencial é invisible para os ollos -repetiu o principiño para acordarse.
-O que fai máis importante á túa rosa, é o tempo que ti perdiches con ela.
-É o tempo que eu perdín con ela... -repetiu o principiño para recordalo.
-Os homes esqueceron esta verdade -dixo o raposo-, pero ti non debes esquecela. Es responsable para sempre do que domesticaches. Ti es responsable da túa rosa...
-Eu son responsable da miña rosa... -repetiu o principiño a fin de recordalo"

Antoine Saint Exupéry

Referencias

Dirección para referencias

Comentarios


Recordar datos


O diario "non diario" de lua © Todos os dereitos reservados ao autor
Sindica usando este lugar: RSS 1.0, RSS 2.0, Atom.
Esta bitácora está mantida por Bitacoræ.
LaInformacion.com lainformacion.com - Medio Oficial de los Premios Bitacoras 2009