Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

O diario "non diario" de lua

vampiresa.gif

Non hai grito máis desgarrador que o rumoreo da conciencia intranquila.

É o que pasa cando intentas controlalo todo, sobre todo aquilo que ocultas no máis profundo do teu corazón.
De súpeto, así como da nada, aparece "algo" que che intenta traer á memoria algún sentimento reprimido moi dentro.
Pode ser un aroma, unha cor en especial, unha fotografía, un lugar ou (o que é peor) un aviso de que "alguén" apareceu en liña no teu msn.
E é entón que cal coello encandeado, quedas literalmente en branco.
Porque abofé, todo o que trata de subir á superficie queda ao nivel da garganta, e non podes nin tragalo nin expulsalo, e queda aí atorado, molesto, ameazante.
Se tes un pouco de sorte, converterase nunha bágoa que nin sequera saberás porque se asomou ou quizá mute a unha dor de cabeza, de estómago ou algo polo estilo.
Pero aí está, ese espazo en branco na túa mente, ese oco no corazón.
Esa prohibición auto imposta de "nunca máis" pensar no asunto.
Porque... un problema sen solución debese deixar de ser problema, ¿certo?

Referencias

Dirección para referencias

Comentarios


Recordar datos


O diario "non diario" de lua © Todos os dereitos reservados ao autor
Sindica usando este lugar: RSS 1.0, RSS 2.0, Atom.
Esta bitácora está mantida por Bitacoræ.
LaInformacion.com lainformacion.com - Medio Oficial de los Premios Bitacoras 2009