Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

O diario "non diario" de lua

vampiresa.gif

A paciencia e o tempo fan máis que a forza e a violencia.

Hoxe a araña dos soños deixara de tecer os seus fíos.
Todo estaba branco, as cores do tempo desapareceran como por encanto.
Fóra nevaba incansable, inalterablemente.

A neve afogaba o soño, vestindo o tempo de realidade.
E a araña dos soños, serena, dormitaba sobre o disfraz do inverno.

Así foi como a realidade foi invadindo o espazo, facéndose omnipresente.
Fóra, a luz foi adornándose de melancolía, quedando como apagada; dentro branca e fría a dura existencia se destapaba.
De súpeto!, de forma inesperada, a luz comezou a varrer todo o que ao seu paso arrastrara o tempo.
Impasible, sen pesar, sen atender a chamada do sentimento, sen escoitar ao recordo, persistente, varría e varría o po dos soños.

Perplexa e vacilante presentía xa a súa captura, e os pasos avanzaban irremediablemente cara ao calabozo paralizante do medo.
O presidio da realidade abarcaba xa todo o pensamento.
As forzas acabábanse e as bágoas ían aumentando a tristeza, comprimindo, se cabe, máis o ánimo.

Irremediablemente entrara no lodazal farinoso da realidade.
A realidade e a súa aparencia envolvíano todo.
E entón foi cando, desesperada e abandonada, desperezo á araña dos seus soños, e dos seus fíos, caeron as letras.

Los cuentos

Referencias

Dirección para referencias

Comentarios


Recordar datos


O diario "non diario" de lua © Todos os dereitos reservados ao autor
Sindica usando este lugar: RSS 1.0, RSS 2.0, Atom.
Esta bitácora está mantida por Bitacoræ.
LaInformacion.com lainformacion.com - Medio Oficial de los Premios Bitacoras 2009