Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

O diario "non diario" de lua

vampiresa.gif

Hai xente que non se limita a contemplar unha paisaxe, persoas que interpretan o mundo a través dos sentidos, que prefiren ver a mirar, escoitar a oír, acariñar a tocar

Todo saco de ti; o mel tallado nas túas pupilas, que rolda pola miña sombra; ou o cascabel da túa risa, que exhala a miña boca, nun fío sonoro.
E ti desgaxas o alento dentro dos meus beizos, como un enxambre desexoso que se apodera dos corpos.
Todo me das; a palma das túas mans tentando os meus confíns, baixo o debuxo dos dedos; o sol acariñando a figura dos meus peitos, como un ave rumoreando de felicidade.
A mañá préndese no meu pelo, como un suspiro do vento, que se axita dentro do teu rostro; nun cosquilleo descendendo as entrañas, para aferrarse a ti.
E as túas pólas temblorosas, fúndense nun remoliño de carne, que rube a costa do meu ventre, por encima do todo, e da nada.
Intérnome no espasmo que vibra a túa garganta, navegando o quexido das túas letras; para afundirme atada aos desexos, que brillan no averno da túa boca.
Celebro a decantación da túa mirada, que declina ao bordo dos meus sales; entre o sismo que a túa lingua abarca, e o silencio que a miña boca nomea.

Los cuentos

Referencias

Dirección para referencias

Comentarios


Recordar datos


O diario "non diario" de lua © Todos os dereitos reservados ao autor
Sindica usando este lugar: RSS 1.0, RSS 2.0, Atom.
Esta bitácora está mantida por Bitacoræ.
LaInformacion.com lainformacion.com - Medio Oficial de los Premios Bitacoras 2009