Queridos Reis Meigos

Queridos Reis Meigos de Oriente:
Este ano fun boa, moi boa, diría eu. Creo que, de tan boa que fun, cheguei a gilipollas.
Non estiven implicada en ningunha trama urbanística, pese a que eu me ofrecín a todas as inmobiliarias como cabeza de turco no caso de que lles destaparan algún escándalo, pero nada, nin por esas. Ata para ser chivo expiatorio fai falta ter un enchufe.
Por isto, o primeiro que vos quería pedir era un pisiño. Algo sinxelo, con tres plantas e un gran salón onde poder xuntar ás miñas amizades e ofrecerlles uns cantos bombos envolvidos en papel dourado. Se non podedes atopar o pisiño, cunha consellería de urbanismo tamén me apañaría.
Tamén vos pediría, como todos os anos, o tragabolas. A ver se dunha puta vez vos dignades a traermo, que levo pedíndoo máis de vinte e cinco anos e non hai xeito.
Xa sé que tendes moito traballo estas datas e que, ademais, como vindes de Oriente, cando chegades á fronteira míranvos mal.
Non vos queixedes que, polo menos tendes un traballo fixo. E, como bos funcionarios, tocádesvos bastante os narices, as cousas como son.
Aparte de todo isto, tamén vos pediría que lles trouxédalles un traballo a todos os Paquirrines e Antonio Davides que pululan por esta bendita terra. Ou iso, ou que me traiades a min tamén un cholliño deses, que séi eu, unha nai tonadilleira ou un noivo semi-famoso, con iso me apaño, tampouco pido moito, aínda que se vos queredes estirar, un par de títulos nobiliarios tamén se agradecerían.
A xeta xa a poño eu, por iso non hai problema.
Sempre aos vosos pés, esta, a vosa humilde servidora.
lua

Comentarios (0) - Referencias (0)