Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

O diario "non diario" de lua

vampiresa.gif

Trasnos comecastañas

Ao principio dos tempos todo era caos e escuridade. Da nada foise modelando un mundo que evolucionou ata conseguir o estado no que o coñecemos hoxe. Decidiuse entón repoboar a terra cuns entes cheos de vida, algúns deles con poderes que non tiñan os simples mortais, pero con erros no deseño para que non alcanzasen a perfección do creador; uns clónicos feitos a medida para encaixar na creación. ´
Tamén se lles impuxeron unha serie de regras a seguir para unha convivencia en paz entre eles e coa natureza, pero algo fallou, non se tivo en conta que ao dotalos de vida e de sentimentos, polo tanto envexa, cobiza, luxuria, ira, preguiza, gula e soberbia, non sempre o ben ía dominar sobre o maligno.
Entón, sucedeu que os numerosos seguidores do mal que tiñan poderes decidiron revelarse para demostrar a súa forza, converténdose en habitantes do sobrenatural mundo das tebras.
De cando en vez, veñen visitarnos trasnos, meigas e demos en recordo destes feitos, sementando entre nós a superstición e a ignorancia coa que alimentan a súa existencia.
Logo de moito tempo démonos conta de que non todos eran malignos e que tamén estaban relacionados co gastronómico, para ben ou non da nosa mortal condición. Os habitantes das tebras seguirán existindo mentres pensemos neles, xa que a nosa imaxinación é a enerxía vital que necesitan.
Unha vez ao ano reunense todos para comer na noite véspera de Defuntos. Xúntanse no "Magosto", como nós, nunha fogueira ao pé do castiñeiro máis vello de Galicia, e dise que é entre "O Caurel" (Lugo) e "Riós" (Ourense), nun lugar chamado "Soto de Demos"; durante esa noite e "Chan de Santos", o resto do ano.
Cada trasno ou meiga leva algo para comer para compartir nesa celebración máxica e gastronómica na que non mostran o seu lado maligno. É o único momento no que os mortais non podemos estar ao seu lado sen sufrir as consecuencias porque só durante esa noite actúan como humanos.

Referencias

Dirección para referencias

Comentarios


Recordar datos


O diario "non diario" de lua © Todos os dereitos reservados ao autor
Sindica usando este lugar: RSS 1.0, RSS 2.0, Atom.
Esta bitácora está mantida por Bitacoræ.
LaInformacion.com lainformacion.com - Medio Oficial de los Premios Bitacoras 2009