D.N.I.

Un dos momentos máis dramáticos na vida de toda muller que non sexa Claudia Schiffer ou Michelle Pffeiffer (ou calquera outra cuxo apelido conteña máis dunha efe) é o instante de renovar o DNI, polo que iso supón:
É o momento en que unha ten que volver intentar sacarse unhas fotos de carnet que non a fagan parecer a pobre desgraciada mais miserable da terra, unha iluminada, unha terrorista fichada... ou todas as cousas anteriores xuntas.
Porque esa foto vaiche a acompañar todos os días da túa vida e en todos os momentos máis importantes e cruciais: ao votar, ao entrar no concello ou en calquera organismo oficial, para matricularche, para casarche, para viaxar, ao pagar con tarxeta, nunha redada policial... unha pretende, nese momento da identificación, dar unha boa impresión, parecer unha tía elegante, atractiva e segura de se mesma, é importante non parecer un pingallo.
Ademais, se resulta que nese momento píllanche feita un adefesio (cousa farto frecuente), é bonito ter un documento que acredite que tes momentos mellores (mire axente, así son eu cando me apaño un pouquiño).
Cando unha pásase media tarde engurrándose como unha pasa na bañeria chea de sales aromáticas, depílase a conciencia e usa por fin o sobreciño de crema suavizante que tan celosamente gardara logo de arrincalo daquela revista feminina fará cousa de tres meses.
Cando unha esmérase máis do afeito en que o pelo non lle quede como un niño de corvos e estrea roupa interior e se encasqueta os vaqueiros que lle fan o cu menos esmirriado, e ponse a camiseta con máis escote.
Cando unha píntase a ralliña do ollo e aplícase gloss nos beizos... é claro que UNHA esta chamando a berros á traxedia.
Perpetrando mi diario

Comentarios (0) - Referencias (0)