Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

O diario "non diario" de lua

vampiresa.gif

As cousas importantes sempre son sinxelas

Non quero ser o teu compás nin ti a miña razón de ser. Non teño intención de sublimar as renuncias, nin a dependencia, nin os tamagotchis, nin as laranxas á metade. Non aspiro a ocupar lugares nin me gustaría deixar ocos. Non me cativa a idea de arrendarche o centro do meu universo nin a de ter que pagar puntualmente o aluguer do teu. Non, abofé que non me apetece que sexamos un; de feito, o que de verdade necesito é que sexamos dous.

Sería unha decepción saber que o amor é o mellor da túa vida e unha ofensa aceptar que nada hai mellor na miña. Columbrar a túa cara gravada no meu espello, o meu apelido no teu buzón. Descubrir un día que neste tráfago feroz de dobre sentido borráronse as aduanas, empeñáronse as identidades, extraviáronse as maiúsculas do Ti e do Eu.

Quero verche e admirarche. Que me vexas e me admires. Eu completa en min, ti culminado en tí. Ser eu e estar contigo. Entregarnos ao outro só por un ratiño, como de broma, inocentes, picaruelos, sonroxados, case para ver que pasa. E contarche, e que me contes. E sentirche, e que me sentas. E saber que estás, e estar aí; pero non como a estrela polar de todas as túas noites, nin como o sol proveedor de todos os teus días, senón como un satélite xoguetón que che dea voltas e poida contemplarche en cada cita desde un ángulo novo, e ofrecerse dócil ao carón do teu ceo para que, cada vez que decaigas, poidas levantar a cabeza e atoparcho reflectindo a túa propia luz.

Sé que hai noites, versos, paisaxes, suspiros, melodías que só chegarei a explorar a través da túa fiestra, e ti da miña. Tamén que hai noites, versos, paisaxes, suspiros, melodías que non están detrás de ti nin de min, e que, se quero descubrilos, se quero que os descubras, teremos que aprender a ser únicamente fiestras e non tabiques na vida do outro. Pero déixame dicirche, déixache entenderme que o corazón non se compartimenta, que non contén unha cantidade limitada de amor que ha de repartirse restando a un a porción que se entregou a outro. Que os satélites non entenden de celos e bástalles con saber que hai un punto do firmamento que sempre lles pertencerá exclusivamente a eles.

Bagatelas en solfa

Referencias

Dirección para referencias

Comentarios


Recordar datos


O diario "non diario" de lua © Todos os dereitos reservados ao autor
Sindica usando este lugar: RSS 1.0, RSS 2.0, Atom.
Esta bitácora está mantida por Bitacoræ.
LaInformacion.com lainformacion.com - Medio Oficial de los Premios Bitacoras 2009