Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

O diario "non diario" de lua

vampiresa.gif

O espello no espello

"A miña existencia é incompresible e ridícula.
Pero nunca estivo ao meu alcance poder elixir outra.
Un non deixa de ser quen é.
A liberdade existe sempre só no futuro.
No pasado xa non se pode atopar.
Ninguén pode escoller outro pasado.
Todo o que sucede tiña que suceder como sucedeu.
A posteriori todo é inevitable, a priori nada.
O único que importa é espertar do soño.
Malia todo, corremos detrás da liberdade, non podemos facer outra cousa, pero a liberdade camiña sempre un paso por diante como un espexismo, existe sempre no próximo instante, sempre no futuro.
E o futuro é escuro, unha parede negra, impenetrable ante os nosos ollos.
Non, pasa entre os nosos dous ollos, a través da cabeza.
Estamos cegos.
Cegados polo futuro.
Non vemos nunca o que está ante nós, nunca o próximo segundo, ata que nos rompemos o nariz contra el.
Vemos só o que vimos xa.
É dicir, nada."

Michael Ende

Referencias

Dirección para referencias

Comentarios


Recordar datos


O diario "non diario" de lua © Todos os dereitos reservados ao autor
Sindica usando este lugar: RSS 1.0, RSS 2.0, Atom.
Esta bitácora está mantida por Bitacoræ.
LaInformacion.com lainformacion.com - Medio Oficial de los Premios Bitacoras 2009