Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

O diario "non diario" de lua

vampiresa.gif

Un ano máis, que pesa sobre os meus ósos

¿De onde xurde isto de festexar cada novo aniversario do noso nacemento? ¿e quen inventou todos os accesorios que completan tanta bulla?; enténdase: tarta, velas, agasallos, pitos e matracas.

Pois xorde como un rito pagano, xa que se cría que durante a época do mesmo, o individuo estaba máis exposto a sufrir o axexo de espíritos malignos que podían prexudicalo.
Unha forma de contrarrestar estes efectos -pensábase- era, do mesmo xeito que hoxe en día, reuníndose familiares e amigos xunto ao festexado e cos seus bos augurios e alegría exorcizar a mala fortuna.

O aporte da tarta ao festexo xorde en Grecia, onde elaboraban estas preparacións.
Nas súas orixes máis parecida a un pan, de masa doceficada en base a mel, dábanlle a característica forma redonda, representando á lúa chea, en honor á deusa Artemisa.
As velas aportaban o efecto lumínico, propio dunha lúa chea resplandecente de brillo.
Pero recentemente na idade Media, son os xermanos, os que institucionalizan esta preparación como la "Geburtstagtorte" ou tarta do día do teu nacemento, representando as velas acendidas a chama da vida.
Tamén dise que o fume que xorde unha vez apagadas estas, axudaría a elevar os bos desexos ao ceo e así facer máis fácil a súa concreción.
A realidade é que aínda hoxe, seguimos crendo que o éxito da realización dos nosos desexos, depende de lograr apagalas todas dunha soa vez, está claro, se sobrevivimos á fazaña.

Antigamente nalgunhas partes de Inglaterra, a xente cociñaba xunto coa masa pequenos obxectos, como botóns, aneis, moedas. O invitado que recibía o pedazo coa moeda tería boa fortuna, así como o que obtiña o anel asegurábase un candidato para o altar.

Máis aló das tradicións propias de cada cultura, o rito segue vixente e... os anos non pasan sos.

E a min, (ao contrario que antes) agora,... ¡¡¡encántame festexalos!!!

Porque (como dicían no anuncio) eu véxome estupenda :PPPP

Dark kisses a tod@s

Referencias

Dirección para referencias

Comentarios


Recordar datos


O diario "non diario" de lua © Todos os dereitos reservados ao autor
Sindica usando este lugar: RSS 1.0, RSS 2.0, Atom.
Esta bitácora está mantida por Bitacoræ.
LaInformacion.com lainformacion.com - Medio Oficial de los Premios Bitacoras 2009