O traballo

Como gozo os días do fin de semana, sen nada particular que facer excepto deambular pola cidade, observando tipos, atisbando conversacións, invisible e moi presente en canto os demais fan.
Logo chega o luns, coa súa ración de cotidianidade e grisura, e todo convértese nunha carreira de obstáculos que salvar, que conduce de novo ao próximo fin de semana.
O de que traballar dignifica é algo que serve apenas a uns cantos, eses que teñen a sorte de ocuparse no que lles gusta. Para os demais, o da dignidade sóanos a engañina dos que están arriba, explotando os nosos recursos a cambio de migallas dun mes de vacacións.
Como esmoleiros do noso tempo libre.

Comentarios (0) - Referencias (0)