Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

O diario "non diario" de lua

vampiresa.gif

As 5 campás

Fai moito tempo, había unha pousada chamada "A estrela de prata".
O posadeiro renegaba por non ter clientela.
Desesperado, acudiu a consultar a un sabio.
O sabio díxolle: "O único que tes que facer é cambiar o nome da pousada. Chamarala "As 5 campás", e colgarás 6 campás na porta".
O posadeiro contestou: "¿6 campás? ¡iso é absurdo! ¿para que vai servir?"
"Inténtao e verás" respondeu o Sabio sorrindo.
Así fíxoo e sucedeu que todo viaxeiro entraba na pousada para advertir ao posadeiro do erro, crendo que ninguén ata entón reparara niso. Unha vez dentro quedaba tan impresionado pola pousada que se aloxaba nela. O posadeiro amasou unha gran fortuna.

Hai poucas cousas que satisfagan máis o noso ego que o corrixir os erros dos demais.



"Escritos esenciales" Anthony de Mello

Referencias

Dirección para referencias

Comentarios


Recordar datos


O diario "non diario" de lua © Todos os dereitos reservados ao autor
Sindica usando este lugar: RSS 1.0, RSS 2.0, Atom.
Esta bitácora está mantida por Bitacoræ.
LaInformacion.com lainformacion.com - Medio Oficial de los Premios Bitacoras 2009