A doma non exclúe a liberdade. Créaa

Un home a cabalo, un lazo dobre, dous corazóns, un só pensamento.
O animal, dono das súas facultades, áxil, fero, libre, unido ao ser humano e formando con el unha única entidade, debe seguir sendo libre, fero e áxil, sempre dono das súas facultades.
Esta longa e paciente educación recíproca, en que pronto é imposible distinguir o alumno do profesor, alcanza o seu punto culminante na obra de arte que representa un cabaleiro cabal.
As etapas deste proceso son o desenvolvemento da súa forza física que permite ao cabalo soportar unha carga, aprecio mutuo que leva á obediencia e intercambio sutil de comunicacións invisibles.
A harmonía concertada dos movementos, alcanzada grazas á ambición, ao traballo, e non sen pena, é o obxectivo. A equitación roza as fronteiras da arte, creando unha obra mestra constantemente renovada, posto que só dura un instante.
A Natureza fixa as leis desta arte, porque a potencia e a liberdade de movemento son dadas ao cabalo pola Natureza, pero debe recobralas a pesar do peso do cabaleiro.
O cabalo non ha de ser un escravo que leva ao seu amo, senón un bailarín que evoluciona e deslízase con el.
Doma é unha palabra de resonancia dura, un término mal empregado. A Doma é a volta á liberdade."
Hans -Heinrich Isenbart

Comentarios (0) - Referencias (0)