Carta aos Reis "Majos"

Queridos Reis Majos de Oriente ( Por certo tede coidadiño porque vaia tea como esta Oriente :)
Estes son os agasallos que desexo pedirvos para o día 6 de xaneiro. Durante todo o ano NON me portei moi ben, pero como iso non é ningunha novidade, confío en que podades traermos.
Cando veñades a Galicia a repartir os voso agasallos tendes que visitar algunha minicentral e comprobar o que lle ocorre aos nosos ríos. Sei que fostes amigos de Alvaro Cunqueiro e que coñecedes o de la "Galicia dos mil ríos" pois a maioría van quedar disecados.
E logo deste pequeno paréntese aí van as miñas peticións:
- Que os proveedores de acceso a Internet leven a cabo un recorte serio e rotundo das tarifas que aplican a todos os internautas por navegar. Se comparámonos co resto de Europa, os españois somos os que máis euros debemos costear polo peor dos servizos.
- Que as autoridades deste país tómense un pouco en serio o reto de fomentar a Sociedade da Información. E fomentar, ollo, non é o mesmo que tocar campás que soan moito, e ata molestan, pero cuxas consecuencias son imperceptibles.
- Que os medios de comunicación, deixen de referirse a Internet só cando se descobren casos de *pederastia, estafas, contaxios masivos por virus ou suicidios colectivos. Iso é, a final de contas, manipular, enganar e exercer un partidismo pouco ético.
- Que Marc Andreessen e Bill Gates puxésense de acordo e sacasen navegadores compatibles o un co outro, para que os pobres que fan páxinas Web non tivesen que poñer botonciños de "mellor con Netscape" ou "mellor con Explorer", senón que un faga unha páxina e que sirva para todos.
- Que a SGAE desapareza. Ou que os fósiles que dirixen o seu rumbo sexan substituídos por individuos que coñezan a realidade na que viven. É só un desexo. A realidade será ben diferente. Porque cando esperte os fósiles seguirán aí.
Ah!!! Reis!!!!... e coidado coas estradas, non esquezades os chalecos fosforescentes, e que os gardas vos poden quitar o carnet de primeira especial en camello no acto, así que coidado coas copiñas de anís do mono á hora de deixar os xoguetes....
Dark kisses para os tres, en especial para Melchor (que con esas barbiñas canosas é o que máis me pon) :P

Comentarios (0) - Referencias (0)