Feliz ano Güevo!!!!!

¿Roupa interior ao revés ou vermella?
¿Uvas?
Hai cábalas para todos os gustos e, aínda que moitos digan que é unha tontería, chegadas as 12, máis de alguén salta co pé dereito, aparece con maletas ou se pon a subir e baixar escaleiras como tolo.
A tradición de Noitevella e Ano Novo é case tan antiga como a humanidade, pero cambia de datas e modo de celebrala de acordo aos diferentes tempos e culturas.
Recibir o ano novo con diñeiro dentro dos zapatos: trae prosperidade económica.
Para ter moita roupa nova: a noite do 31 debes usar a roupa interior ao revés.
Poñer un anel de ouro na copa de champaña ou cava (que ninguén se me enfade :P) coa que se fará o brindis: asegurarasche que non falte o diñeiro (ollo con tragarcho).
Acender velas de cores: as azuis traen a paz; as amarelas, abundancia; as vermellas, paixón; as verdes, saúde; as brancas, claridade, e as laranxas, intelixencia.
Sacar as maletas á porta da casa para ter moitas viaxes o ano que comeza. Mellor aínda é dar a volta á mazá arrastrando as maletas.
Cando terminen as doce campanadas, o que se atreva, pode descalzarse e tirar un dos seus zapatos por encima do seu ombreiro esquerdo cara atrás. Se o zapato cae de pé, trae bo augurio para todo o ano; se cae de lado, as cousas irán máis ou menos normaliñas; e se cae boca abaixo, será un ano un pouco difícil.

Comentarios (0) - Referencias (0)