Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

O diario "non diario" de lua

vampiresa.gif

A caixa de Pandora

Na mitoloxía grega, Pandora ("chea de virtudes") foi a primeira muller, feita por Zeus como parte dun castigo a Prometeo por revelar á humanidade o segredo do lume.

Epimeteo era o responsable de dar trazos positivos a todos e cada un dos animais. Con todo, cando chega a quenda do home, non queda nada para darlle. Prometeo, o seu irmán, sentindo que o home era superior ao resto dos animais, decidiu entregarlle un don que ningún outro animal posuíse. Deste xeito, Prometeo decidiu roubar o lume a Zeus e darllo ao home.

Zeus enfureceu e creou a Pandora, a que foi enchida de virtudes por diferentes deuses. Hefesto moldeouna de arcilla e deulle forma; Afrodita deulle beleza e Apolo deulle talento musical e o don de sanar. Hermes deulle entón a Pandora unha caixa que nunca debía abrir, o que a encheu de curiosidade.

Prometeo advertiu a Epimeteo de non aceptar ningún agasallo dos deuses, pero Epimeteo non escoitou ao seu irmán e aceptou a Pandora, namorándose dela e finalmente tomándoa como esposa.

Ata entón, a humanidade vivira unha vida totalmente armoniosa no mundo. Epimeteo pediu a Pandora que nunca abrise a caixa de Zeus, pero un día, a curiosidade de Pandora puido finalmente con ela e abriu a caixa, liberando a todas as desgrazas humanas (a praga, a tristeza, a pobreza, o crime, etcétera). Pandora pechou a caixa xusto antes de que a Esperanza tamén saíse, xunto con todo o que quedaba dentro, e o mundo viviu unha época de desolación ata que Pandora volveu abrir a caixa para liberar tamén á Esperanza.

A filla de Epimeteo e Pandora, Pirra e o seu esposo Deucalión, fillo de Prometeo, foron as dúas únicas persoas que sobreviviron ao diluvio que Zeus mandou sobre a humanidade para destruíla, na versión grega do diluvio universal.

Referencias

Dirección para referencias

Comentarios


Recordar datos


O diario "non diario" de lua © Todos os dereitos reservados ao autor
Sindica usando este lugar: RSS 1.0, RSS 2.0, Atom.
Esta bitácora está mantida por Bitacoræ.
LaInformacion.com lainformacion.com - Medio Oficial de los Premios Bitacoras 2009