Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

O diario "non diario" de lua

vampiresa.gif

O Kama-sutra

Entre os séculos IV e VII, un sabio oriental, Vatsyayana Mallanaga, escribiu en sanscrito un famoso tratado erótico, o Kama-sutra (aforismos sobre o amor).
Malia o seu carácter, forma parte da literatura relixiosa da India.
A parte relativa aos matrimonios, ás unións permitidas e ás prohibidas, e aos deberes dos esposos, é idéntica ás prescripciones das leis de Manu.
Esta obra é moito máis que un elenco de posturas sexuais.
Nela sostense que o sexo é case sacramental e esencial para a vida e que os praceres sexuais son necesarios e obrigados para o corpo como o alimento.
O nome da obra provén do deus indio do amor, Kama, que foi quen, segundo os Brahmana, fixo nacer no espírito do Creador o desexo de ter compañía.
Representaselle como un belo adolescente, montado sobre un loro e armado cun arco de cana de azucre e flechas cuxa punta son capullos de loto.
A súa esposa é Rati, deusa da voluptuosidade.
Uns 14 séculos posteriores a esta obra nacen outros dous libros que o comentan e complementan, o libro hindú Ananga-Ranga e o árabe O Xardín Perfumado.

Curiosidades

Referencias

Dirección para referencias

Comentarios


Recordar datos


O diario "non diario" de lua © Todos os dereitos reservados ao autor
Sindica usando este lugar: RSS 1.0, RSS 2.0, Atom.
Esta bitácora está mantida por Bitacoræ.
LaInformacion.com lainformacion.com - Medio Oficial de los Premios Bitacoras 2009