A vella serea

Se nunca espertaches en sobresalto
febril, precipitándoche cara ao lado
baleiro do teu leito, tenteándoo
con mans que se obstinan vanamente
contra implacable ausencia.
Se non sentiches entón a morte
desgarrándote en vida e agrandando
o baleiro entre as túas venas inflamado,
o van apartamento das túas coxas,
o ansia do teu sexo.
Se non rompeu a túa voz ese xemido
que acoitela a turbia madrugada...
é que no teu corazón non ardía a fogueira
que chamamos amor.
Nela consúmome e é o meu berro
o teu nome: a ti ábrome en carne viva.
A miña pel morre en espera da túa,
o meu sexo latexa con ansiosa boca
de peixe na agonía.
E ao non chegar os teus beizos co teu bálsamo
nin o lume sosegante da túa lingua
a miña man fatígase inútilmente
en estéril caricia...
Porque tan só ti tes as ás
para o voo que mata e dá a vida.
Este é un fragmento do libro La Vieja Sirena, do escritor Jose Luís Sampedro, autor doutras pequenas marabillas como La Sonrisa Etrusca ou El Amante Lesbiano.
En La Vieja Sirena, Glauka, a protagonista, abandona a súa vida como Serea para ser unha mortal máis. Durante a novela imos coñecéndoa, acompañándoa na vida que elixiu, e na que inevitablemente sufrirá, chorará, amará, sentirá... e precisamente por todo iso, valeulle a pena.

Comentarios (0) - Referencias (0)