Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

O diario "non diario" de lua

vampiresa.gif

Pensamentos

A luxuria dos seus pensamentos, eses que non contaba era o que me atraía do seu ser. Eses ollos impávidos que che escrutan sen querer ser notados, sentidos... A respiración na caluga, non hai nada máis erótico que a súa respiración na miña caluga ou que os seus susurros acariñándome o oído.
Non sabería como describir a paixón coa que ese demo, por chamalo dalgún xeito, poñía os seus ollos sobre a miña pel
Palpitaba a súa mirada en cada bocanada de luz. A luz violácea do sol logo de oculto tralas montañas do horizonte deitouse e a lúa esta noite madrugou...
Pero os soños ocultos morren como todo, no pensamento dos demais... Sabendo que nada é infinito, que o alma perece naqueles seres que aínda a teñen, que a conservan para ben ou para mal.
Os meus pensamentos tórnanse grises e non quero seguir pensando por medo a dar coa verdade.

¿Ata que grado de distorsión un individuo segue sendo el mesmo?
¿Ata que grado de distorsión un ser amado sigue sendo un ser amado?
¿Durante canto tempo un rostro querido que se afasta nunha enfermidade, nunha tolemia, nun odio, na morte, segue sendo aínda recoñecible?
¿Onde está a fronteira trala cal un ?EU? deixa de ser ?EU??


Milan Kundera (Sobre F.Bacon: Retratos e autorretratos)

Referencias

Dirección para referencias

Comentarios


Recordar datos


O diario "non diario" de lua © Todos os dereitos reservados ao autor
Sindica usando este lugar: RSS 1.0, RSS 2.0, Atom.
Esta bitácora está mantida por Bitacoræ.
LaInformacion.com lainformacion.com - Medio Oficial de los Premios Bitacoras 2009