Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

O diario "non diario" de lua

vampiresa.gif

Indiferenza

Rompe o silencio do meu desterro e lévame a afogarme no veneno cruel da túa indiferenza, déixame lamer a migallas da túa miseria e arrastrarme e humillarme ante os teus pés...
Rompe as cadeas que me atan e déixame libre para poder voar ata os teus ollos, es unha nube errante que impregna o aire de heliotropos ancestrais que anhelan tristes a humidade da túa boca, e o meu orgullo austero caerá dobregado polo poder da derrota, e o fracaso será doce alivio se me miras con ollos de piedade; a pel mustia se añexa e espinos crecen da túa ausencia e torturan infames o meu corazón que xa non soporta tanto desasosego...
A túa indiferenza implacable levantarase do po do desamparo e choverán bágoas de desamor e rirasche inclemente da miña tristeza, da miña amargura, profanarás a miña soidade e xa non poderei voar ata os teus ollos, cuxa lectura anacrónica só inspira a burla da morte...
E o último suspiro, non o dubides, ha de ser para ti, Mentres, seguirá comprobándose o designio: ninguén morre de amor nin de esquecemento... a min mátame a indiferenza.

Brenda Márquez

Referencias

Dirección para referencias

Comentarios


Recordar datos


O diario "non diario" de lua © Todos os dereitos reservados ao autor
Sindica usando este lugar: RSS 1.0, RSS 2.0, Atom.
Esta bitácora está mantida por Bitacoræ.
LaInformacion.com lainformacion.com - Medio Oficial de los Premios Bitacoras 2009