Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

O diario "non diario" de lua

vampiresa.gif

¿Por que sempre dis si?

Pode ser que che pase con frecuencia: dis si, cando no teu interior gritas Non.
E ocórreche nas ocasións máis cotiás: en casa, no traballo, cos amigos, con esa dependenta que se empeña en venderche un pantalón que che senta como un tiro...
As consecuencias son fatais para nos e tamén para os que nos rodean: arrepentímonos da nosa cobardía, sentímonos fatal e a pantasma da culpa acode fiel á súa cita.
O peor é que un día explotamos por unha nimiedade, e toda esa frustración sae en forma de berros e pasamos de ser suaves malvas a endemoniadas energúmenas.
A primeira vista, compracer aos demais non parece un problema e, de feito, ser unha persoa conciliadora e amable é unha virtude: non hai nada malo en intentar que os demais sexan felices.
O conflito xorde cando carecemos de forza para, tras analizar unha situación, ser consecuentes con nos mesmos.
Así podémonos sobrecargar de traballo, responsabilidades e tarefas que non nos competen en absoluto.
Negarse pode significar decepcionar a unha amiga, disgustar á nosa parella ou que se enfaden os que están ao redor.
Cando dános pánico provocar un conflito e, erróneamente, pensamos que deixarán de querernos, este autosabotaxe contínuo aos nosos sentimentos termina pasándonos factura e é o noso corpo o que protesta con manifestacións de ansiedade, pinzamentos musculares e depresión.
"NON" é unha palabra breve, sinxela e aparentemente fácil de dicir, pero custa horrores pronunciala.

Referencias

Dirección para referencias

Comentarios


Recordar datos


O diario "non diario" de lua © Todos os dereitos reservados ao autor
Sindica usando este lugar: RSS 1.0, RSS 2.0, Atom.
Esta bitácora está mantida por Bitacoræ.
LaInformacion.com lainformacion.com - Medio Oficial de los Premios Bitacoras 2009