Hai cousas no corazón dunha muller que morren con ela

Afastouse de min como se afastan as oportunidades que dá a vida... mirando de reollo e tratando de adiviñar se estaba pouco corda ou, máis ben, tola perdida...
Caín na conta de que estaba sendo unha xornada irrepetible...
Vira como o futuro transformabase en presente, que entre as brumas do pasado desvanecíase... e como deixou un ronsel de berros e silencios... desgarradoras e palpables mostras das oportunidades que perdemos na vida...
E aínda así seguía pensando máis ou menos o mesmo...
Que contestar ao silencio con silencios é tan lóxico como ilícito... tan apropiado como indigno... tan usual como improductivo... E así, entre silencio e silencios, a comunicación rómpese sen saber moi ben a que se debe ou, dito doutro xeito, a que é debido que manteña unha vixencia tan discutible...
Pregúntome se por iso abrín hoxe a caixa dos silencios e o arcón dos esquecementos... de se pretendo dicirme a min mesma, e a quen proceda, que en min non hai silencios... nin incomunicación... nin desidia... nin lonxanías...
Dicir, talvez, que este silencio é un silencio que non é meu... que só é un silencio que recibo... que me vén e que entendelo é imposible...
Corsario de ciudad

Comentarios (0) - Referencias (0)