Día xungo

Tratei de conciliar o soño, tombándome de lado. Mirando cos ollos, chorosos de cansazo, cara ao exterior da fiestra, cara ao ceo negro onde a lúa colgaba, ofrecéndome a súa luz. Pero a visión da pálida lúa non podía facer máis que rememorar en min os recordos de todas aquelas bestas que gozan das súas presas pola noite... e non podía deixar de darme conta de que a noite, aínda que implique o descanso do humano, non deixa de ser o día para monstros innombrables capaces de calquera atrocidade.
Comentarios (0) - Referencias (0)






