Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

O diario "non diario" de lua

vampiresa.gif

É máis fácil negar as cousas que decatarse delas

Usar trabalinguas, xogos de palabras, frases enxeñosas, etc., é recomendado polos logopedas e educadores para corrixir problemas de pronunciación.
Por outra banda, nos "castings" para actores, cantantes e artistas en xeral, non é raro que che propoñan dicir algún trabalinguas.
Pero os trabalinguas, como tantas outras cousas, non avanzaron co tempo e quedáronse trabados nos tempos de "Maricastaña". Polo que deberiamos propoñer novos trabalinguas, actualizados para o século XXI, que poidan substituír os anteriores.

O ceo está encapotado.
¿Quen o desencapotará?
O encapotador que o desencapote
Bo desencapoteador será.

Tamén o ceo está esborregado, ou o ceo está azulado,... ou

O ceo de Constantinopla
Quérese desconstantinopolizar
O destantinopolizador que o descontantinopolizare
Bo descontantinopolizador será.

Aínda que tamén se adoita utilizar o chan (como o ceo), para dicir tanta tontería, quédanos o consolo de que nunca haberá un desencapotador, un desemborregador, nin un descontantinopolizador, xa temos bastante con Superman, Spiderman, o incrible Hulk, a Máscara, o Defensor do Pobo e outros inventos parecidos, e para falar de chans e especuladores xa hai bastantes trabalinguas a diario.

Salmorejo

Referencias

Dirección para referencias

Comentarios


Recordar datos


O diario "non diario" de lua © Todos os dereitos reservados ao autor
Sindica usando este lugar: RSS 1.0, RSS 2.0, Atom.
Esta bitácora está mantida por Bitacoræ.
LaInformacion.com lainformacion.com - Medio Oficial de los Premios Bitacoras 2009