Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

O diario "non diario" de lua

vampiresa.gif

Rosas vermellas, con tallos verdes

Na súa maioría, os individuos sentímonos ameazados polo cambio e as novas ideas, sencillamente porque así fomos ensinados durante os anos da nosa formación. Para ilustrar como ocorre isto, relátase o seguinte conto:

Un neno asiste ao seu primeiro día de clase na escola, e a mestra dille: "Hoxe imos debuxar un cadro"
O neno pensa: "que ben" e empeza a debuxar a súa casa.
"Espera", di a mestra de novo. "Imos debuxar unha flor".
Entón, o neno comeza a debuxar unha flor cun lápiz amarelo.
"Espera", volve dicir a mestra: "Vou ensinarche como facelo".
A mestra debuxa entón unha flor vermella cun tallo verde.
O neno prefire a súa propia flor, pero non di nada.
E debuxa entón unha flor vermella con tallo verde, o mesmo que a mestra.

Ao día seguinte, o neno chega á escola e a mestra di: "Hoxe imos a modelar arcilla", e demostra como facer un prato fondo coa arcilla.
Aos poucos o neno aprende a escoitar, esperar, observar e facer as cousas exactamente como a mestra.

Logo o neno vaise a vivir a outra poboación e asiste a outra escola.
No curso do primeiro día, a mestra di: "Hoxe imos debuxar un cadro". O neno séntase e espera. Pero a mestra non di nada, só deambula pola sala observando o que os alumnos están debuxando.
"¿Non queres debuxar?" pregunta a mestra ao neno, sentado ociosamente fronte ao pupitre.
"Si", responde este. "Pero, ¿que debuxo?".
A mestra replica: "Non o sei, mentres tanto non debuxes".
O neno responde: "Pero, ¿como o debuxo?".
Di a mestra: "Do xeito que ti prefiras".
Entón o neno empeza a debuxar unha flor vermella, con tallo verde.


Horacio O. Cairo

Referencias

Dirección para referencias

Comentarios


Recordar datos


O diario "non diario" de lua © Todos os dereitos reservados ao autor
Sindica usando este lugar: RSS 1.0, RSS 2.0, Atom.
Esta bitácora está mantida por Bitacoræ.
LaInformacion.com lainformacion.com - Medio Oficial de los Premios Bitacoras 2009