Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

O diario "non diario" de lua

vampiresa.gif

Ter a conciencia limpa, é signo de mala memoria

A sombra, estrañada de verse repentinamente soa, rodeada de madeira, decidiu explorar a súa nova condición, a súa independencia etérea.
Deslizouse nun comezo con certa timidez, que lle era natural, logo afianzándose un pouco, emerxiu de entre a terra que lle rodeaba, subiu polas raíces, o mármore, as flores xa marchitas.
O vento que trae choros esquecidos recordoulle de súpeto o seu infantil soño de levantarse do chan, de por fin arrincarse das paredes que tanto a asfixiaron e despegar a fins mellores que seguir como unha triste ornamentación dos xa inexistentes movementos fosen do sol ou doutros menos dignos.
Por fin a sombra era nube ou corrente, era manantial ou lume a piques de extinguirse, a sombra foi telaraña, foi mosca, foi risa de tísico, ata o momento, en que o berro dun recentemente nado, as vibracións dun novo mortal, cativouna de xeito inexpugnable.

Era prisioneira de novo.

la página de los cuentos

Referencias

Dirección para referencias

Comentarios


Recordar datos


O diario "non diario" de lua © Todos os dereitos reservados ao autor
Sindica usando este lugar: RSS 1.0, RSS 2.0, Atom.
Esta bitácora está mantida por Bitacoræ.
LaInformacion.com lainformacion.com - Medio Oficial de los Premios Bitacoras 2009