Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

O diario "non diario" de lua

vampiresa.gif

¿Como é a vida dunha burbulla?

¿Imaxinádesvos que cousas suceden nese pequenísimo momento, antes de estalar?
¿que é o que encerran na súa transparencia?
¿por que se elevan antes de morrer?...

Como a teoría do Big Ban, pero estando dentro cada un de nos.

Inmensa, agobiante, translúcida, sentida, inerte, abismal, intransixente, transigente, abrupta, multicolor, cega, flotante, estremecedora, levitante, ascendente, nula, devoradora de soños, creadora dunha infinitude de imaxes, mortal, nacente...

¿Onde tratan de escapar as burbullas na súa efémera vida? ¿Que é o que as atrae cara ao alto? ¿Cal é o seu fin na vida?...¿Algunha vez terán as respostas estes interrogantes?...

¡Pomp!
Reflectindo cores de arco da vella, móvesche lento e con graza sen igual.

¡Ups!
Ascendes case ata o ceo, así como querendo escapar.

¡Piu!
Namórasche dunha bolboreta e o seu voo tratas de imitar.

¡Poing!
Rebotas no aire, intentando bailar un vals.

¡Paaaaaaaaaaaaaaaaaaaa!
Déixasche levar, así é a túa vida, voar, bailar e voar.

¡Plop!
Ata que sen sequera despedirche, simplemente explotas e vasche.

Son burbulla.
Fráxil,
transparente,
fuxidiza,
fresca,
liviá.

O vento búrlase de min.

Morro pronto,
pero son cristal
mentres vivo.

La página de los cuentos

Referencias

Dirección para referencias

Comentarios


Recordar datos


O diario "non diario" de lua © Todos os dereitos reservados ao autor
Sindica usando este lugar: RSS 1.0, RSS 2.0, Atom.
Esta bitácora está mantida por Bitacoræ.
LaInformacion.com lainformacion.com - Medio Oficial de los Premios Bitacoras 2009