Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

O diario "non diario" de lua

vampiresa.gif

O que non sabe o que quere acaba onde non quere estar

Estaban todos escondidos no bosque, esperando a algún indefenso príncipe dos que adoitaban buscar belas doncelas para espertar cun bico.

Eles eran sete todos ananos polo tanto fáciles de ocultar, detrás dos troncos entre as pólas sempre esperando cun sorriso malicioso e un brillo demencial nos seus ollos...

De súpeto, aparece polo camiño unha pobre velliña que gañaba os seus céntimos vendendo mazás polas casas dos campesiños...eles abalánzanse e feren sen darlle morte, media moribunda lévana a unha casa escondida no bosque, cunha porta pequena onde entraban eles apenas e onde a velliña tivo que ser metida a empurróns pois era un pouco grande, léase relleniña...

- Que trouxestes??

Unha voz desde dentro; unha voz fría e calculadora, a voz de alguén nova pero vella, totalmente carente de sentimentos.

- Comida!!

Responderon a un tempo os sete e terminando de dicir isto depositan o corpo da anciá sen sentido sobre o piso da cociña...

los cuentos.net

Referencias

Dirección para referencias

Comentarios


Recordar datos


O diario "non diario" de lua © Todos os dereitos reservados ao autor
Sindica usando este lugar: RSS 1.0, RSS 2.0, Atom.
Esta bitácora está mantida por Bitacoræ.
LaInformacion.com lainformacion.com - Medio Oficial de los Premios Bitacoras 2009