Se soubésemos comprender, non faría falta perdoar
lua - 23-02-2005 00:40:35 | Categoria: Jim Warren

Se mo propoño, podo chegar a ser tan hipócrita como calquera, ou tanto como a que máis, ata máis que calquera (para cabezotas, eu).
E se non mo propoño con certa frecuencia, non é debido á miña extrema honestidade (oe e son honesta na medida das miñas posibilidades).
Non é virtude o que me rexe neste caso senón debilidade, porque prefiro sucumbir ao pracer que me dispensa o paladear a reacción "do contrario" mentres, con escolleitas palabras, dígolle punto por punto o que opino del (e enténdase "el" en sentido xenérico, por suposto).
Hai ocasións no entanto nas que prima o acazaparse e esperar.
Neses casos obrígome a superar a necesidade de consecución inmediata de pracer, convencéndome de que a miña estratéxica paciencia, recompensarame oportunamente no seu momento con outro máis pleno.
Mentalízome, céntrome no fin, e máxicamente acho os medios.
Na intimidade as cousas son ben distintas. Onte pensábao?
¿Hai algo máis sinxelo de finxir no terreo do "non racional" que un abrazo?
Porque un abrazo non é un contacto extremadamente íntimo que se diga, pode considerarse como un apretón de mans no ámbito corporal, e oe, un apretón de mans é algo en grao sumo mecánico.
Pois nada, que non.
Cando é sincero, a calidez dos meus sentimentos se amoldan ao corpo receptor, brota unha tenrura envolvente e, teño a sensación de, nese momento, ser parte dun puzzle, de encaixar perfectamente, asombrosamente, en cada recoveco do corpo alleo.
A comodidade máis absoluta invádeme e entrégome placenteiramente ao gratificante intercambio emocional.
Pero esas ocasións nas que non o é, nas que se impón "o xesto" ou nas que o esixe o guión.
Esas ocasións non as domino.
Imposible.
Os meus músculos ténsanse, as extremidades vólvense ríxidas e témome que, a parte de frialdade e a sensación de abrazar a unha basoira non podo transmitir moito máis.
¿Pódese educar ao corazón, domesticar o alma?
¿Débese?
Ana escribe

Comentarios (0) - Referencias (0)