Un hacker, dous hackers, tres hackers...

Dise, coméntase, rumorease,... que un hacker hanos fodío o invento, entrou no espacio "como Pedro pola súa casa" e hanos petado o server.
Teño que recoñecer que sempre que leo, cóntanme ou me decato de que un hacker coouse na páxina da Moncloa, telefónica ou O Pentágono sorríome porque creo que ese territorio "virtual" dos TODOPODEROSOS ten "case" as mesmas lagoas que calquera "cutreblog" (como o de menda) e por un momento séntoos de igual a igual.
Pero é só por un instante porque esas "case" lagoas convértense en océanos, ao falar de seguridade ante un hacker.
...e digo eu, que satisfacción pódelles producir entrar nun servidor que acolle blogs nos que as personiñas que o habitamos escribimos as nosas neurastenias? que pracer atopan en amolar a uns poucos ninguéns?
Sería mellor que se fixesen unhas palliñas e despois comésense un xeado de chocolate, seguro que se quedarían moito máis relaxados e realizados.
Ou tamén se me ocorre outro entretenimento: desabrocharse o cinto, baixarse a cremalleira do pantalón e buscarse as pelusillas no ombligo.

Comentarios (0) - Referencias (0)