O temor mata a mente, o temor é a pequena morte que nos leva á extinción total. Farei fronte ao meu temor, permitirei que pase a través de min...
lua - 19-12-2004 01:15:13 | Categoria: Dorian Cleavenger

"Esperamos e pensamos e dubidamos e odiamos.
¿como che fai sentir?
O sentimento abafador é de rabia. Odiámonos a nós mesmos por ser incapaces de ser distintos do que somos. Incapaces de ser mellores.
Sentimos rabia.
Hai que actuar de acordo cos sentimentos. Non importa que un sexa ideólogo ou sensualista, segue os estímulos pensando que son os postes indicadores que levan á terra prometida. Pero non son nada semellante. Son rocas que se deixan atrás ao navegar, e un rózase contra cada unha delas, desgarrándose un pouco máis, e no horizonte sempre hai máis. Pero non podes aceptalo, así que che forzas a crer na bazofia daqueles que instintivamente sabes que son uns mentirosos e repítesche esas mentiras a ti mesmo, coa esperanza de que repetíndoas o bastante a miúdo e co fervor suficiente alcanzarás o estatus divino que atribuímos a quen contan as mentiras con máis frecuencia e paixón.
Pero nunca o fas, e aínda que puideses, non o valorarías, daríasche conta de que ninguén cre xa nos heroes. Sabemos que só queren vendernos algo que en realidade non necesitamos e apartarnos do que necesitamos en realidade."
Fragmento de Filth, de Irvine Welsh

Comentarios (0) - Referencias (0)