Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

O diario "non diario" de lua

vampiresa.gif

Hai veces que cando alguén che ve como un anxo, sáenche ás de verdade

Hai alguén con quen cada vez que falo mórrome da risa e é curioso porque esta persoa non pretende ser graciosa en ningún momento e claro, eu por non ser descortés tampouco me río na súa cara senón por dentro o cal é peor, máis hipócrita, recoñézoo pero non podo evitalo, é superior a min.

Cos anos aprendín ou me dei conta de que non me importa o que os demais pensen, nin parecer inxenua ou bobiña porque coa miña idade inxenua non son, bobiña en ocasións e que se alguén alardea e alardea de algo, farfulla, mente cos dentes sobre temas banais, non vou ser eu quen lle quite a ilusión de facelo.

Sorrío, digo "ah si?", "aham" ou "e iso?" e quédome tan ancha mentres a persoiña en cuestión crécese e crécese na súa verborrea boba.

¿E eu que lle vou a facer? ¿Dicirlle: "anda cala que se che ve o plumeiro"?

Non, xa non.

Agora aplico a certas conversacións a lei do mínimo esforzo e para os meus adentros formo a opinión cara a ese alguén que adoita ser negativa nestes casos concretos, como non. Moi negativa.

Non é ser falsa, é cansazo, cansazo enorme cara a certas cousas que xa me quedaron pequenas, que "cando ti vas eu xa veño", entendes?

Referencias

Dirección para referencias

Comentarios


Recordar datos


O diario "non diario" de lua © Todos os dereitos reservados ao autor
Sindica usando este lugar: RSS 1.0, RSS 2.0, Atom.
Esta bitácora está mantida por Bitacoræ.
LaInformacion.com lainformacion.com - Medio Oficial de los Premios Bitacoras 2009