Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

O diario "non diario" de lua

vampiresa.gif

O sol queima se che expós demasiado...

Intentou ver.
Unha negra densidade encheu a súa vista.
Notou que nada no seu corpo podía moverse.
Concentrouse nun dedo.
Pasaron días sen que nada sucedese.
Escoitaba cantos, difusos como o fume, e logo silencio.
Sentiu o transcorrer das semanas e os meses.
Unha voz familiar aparecía de súpeto e ausentábase así, como ás agachadas.
Unha araña, sóuboo polas moitas patas, xogou no seu nariz; pasou sobre os seus ollos; ela non dixo nada.
É un soño, pensou.
Entón intentou gritar pero nin a súa garganta nin os seus beizos responderon.
Quixo chorar pero os seus ollos non lagrimearon.
As semanas sucederon aos días.
Intentaba moverse.
De concentrarse nun dedo cambiou a dous e logo a catro, despois foron sete e ao final todos.
Nada ocorreu.
Tratou de sentarse sen logralo.
Fronte a ela un reflexo opaco retábaa a moverse, a saír do soño.
Un verme cosquilleou desde dentro do seu nariz ata a súa garganta, algúns outros xogaban no seu pescozo e o seu abdomen.
Sentiu o pasar dos meses e os anos.
O seu corpo xa era un tecido fraco, pero o intentou; ata que a ausencia da carne cansouna de facelo.

La página de los cuentos

Referencias

Dirección para referencias

Comentarios


Recordar datos


O diario "non diario" de lua © Todos os dereitos reservados ao autor
Sindica usando este lugar: RSS 1.0, RSS 2.0, Atom.
Esta bitácora está mantida por Bitacoræ.
LaInformacion.com lainformacion.com - Medio Oficial de los Premios Bitacoras 2009