A mente non fai máis que crear abismos que só o corazón pode cruzar

Cando o reloxo da mesiña de noite sinalou as sete, enrolléime unha saba ao corpo e arrastrei os pés ata a cociña, preparei café e servinme un tazón de cereais. Deime conta de que non podía comer, pero o café, cargado, negro e amargo, pasoume coma se fose auga.
Uns minutos máis tarde, cando a cafeína fixo efecto, desprendinme da saba, vestinme cunhas botas e unha saia curta, e paseime o pintalabios e o lápiz de ollos: o uniforme feminino completo.
Entón, para matar o tempo antes de ir traballar, pegueime un longo paseo polos calellos do barrio.
De súpeto a verdade pareceu abofetearme.
Quedeime cravada no medio da beirarrúa, pasándome un dedo sobre o beizo, mentres o ceo brillaba coa cor dunha mañá gloriosa entre os tintes de carbón apagado dos tellados das casas.

Comentarios (0) - Referencias (0)