O que vive de esperanzas, morre de sentimento

O vento monótono, sopraba pesado do norte.
As perezosas nubes, íanse arrastrando lentamente polo campo, movíanse alegres, derrocando a crepuscular melancolía.
Balanceabase o trigo ondulando, imitando ás doces e cristalinas augas do mar.
Mentres as nubes con receo, desde o ceo, observaban a paisaxe maxestuosa.
O seu camiño era lento, era longo, era infinito...
Condenadas a vagar pola terra, polo mundo...
Eran como eu, un triste e melancólico ser, cheo de amor non correspondido, cheo de espiñas.
Era unha hipócrita, ás veces cínica e oportunista.
Alí xacía, no campo de margaridas.
Miraba ao ceo, observando o seu doce azul, os seus tons alaranxados, violetas, maxentas...
O crepúsculo facíame feliz, rompía a miña monotonía e poñía cor na miña alma.
Vía como as ornamentais nubes, marchaban facía o oeste, como o vento dobraba as margaridas e rozábanme na cara.
Era unha sensación tan bonita... rodeada de margaridas.
O vento sopraba, e eu alí, no medio camuflada, recibía bicos de cada unha delas.
Ese día, o vento, viña estraño, revoltoso, xoguetón, sopraba de forma heteroxénea.
O vento cheiraba a ti.
Lukor

Comentarios (0) - Referencias (0)