Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

O diario "non diario" de lua

vampiresa.gif

Hai caprichos de amor que unha Dama non debe ter

Na antiga cidade de Roma as mulleres de vida alegre eran clasificadas en distintas categorías:

As delicatae, damas mantidas polos ricos.
As famosae, fillas e esposas de xente adiñeirada que se entregaba ao sexo por puro pracer.
As dorae, prostitutas que ían sempre espidas.
As lupae, que exercían o oficio baixo os arcos e pontes.
As noctilidae, mulleres que saían só pola noite.
As copae, que traballaban en tabernas e pousadas.
E outras moitas.

As sacerdotisas hindús mantiñan relacións sexuais cos creintes a cambio de diñeiro, para contribuír ao mantemento do templo.

O emir Abb-el-Rahmann de Córdoba, que accedeu ao trono no ano 882, só facía o amor con mulleres virxes e nunca repetía o acto sexual coa mesma muller.

No século XVII, algúns médicos sostiñan que aos promiscuos poñíaselles o nariz vermello, padecían pinga crónica, alopecia e, aos máis viciosos, ata lles saía chepa.

A emperatriz chinesa Wu Hu, da dinastía T-ang, esixía a todos os dignatarios gobernamentais, ata aos embaixadores estranxeiros, que lle rendesen honores practicándolle o cunnilingus, isto é, o sexo oral. Pinturas antigas represéntana coas saias levantadas, mentres que un personaxe arrodillado lle "rende homenaxe".

O útero das mulleres que non practican asiduamente o acto sexual se deseca e pecha herméticamente, o que atormenta a todo o seu corpo, segundo Hipócrates.

A palabra fornicar deriva do latín fornice, que significa curvatura inferior dun arco, xa que baixo as bóvedas das pontes e calellos era onde se podían alugar os servizos dalgunhas prostitutas romanas.

Pola súa banda, o verbo follar, que na súa orixe significou xogar ou recrearse, para pasar despois a referirse ao acto sexual, vén da palabra latina follicare (soprar) proveniente á súa vez de follis (fuelle).

Follicare deu ao galego outras palabras como folgar, holgar e folga. XDDDDD

Referencias

Dirección para referencias

Comentarios


Recordar datos


O diario "non diario" de lua © Todos os dereitos reservados ao autor
Sindica usando este lugar: RSS 1.0, RSS 2.0, Atom.
Esta bitácora está mantida por Bitacoræ.
LaInformacion.com lainformacion.com - Medio Oficial de los Premios Bitacoras 2009