Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

O diario "non diario" de lua

vampiresa.gif

Sorprenderse, estrañarse, é comezar a entender

Espazo vital tal como foi deixou de ser,
o frío da espiña dourada conxelou o que nas miñas mans tiña,
o tesouro mais preciado cal ollos poderían desexar.
Rosa con rosa, tallo con tallo, observei ambas ao separarse
e entre as miñas mans o sangue caer acusadora do crime.
Fíos tecidos que non se poden desfacer
só o paso do tempo, só a distancia,
o encontro das rosas feridas será mortal,
demasiado pronto para unha amizade.
Dentro a esfera observou o pasado unha e outra vez,
sen derramar bágoa algunha
con mirada crítica, analizadora dos erros cometidos...
erros que as rosas non comprenden
erros que non se ven,
só saben ver a súa alma ferida e dolorida
Deixando pasar o tempo quizais haxa unha oportunidade de unión,
deixando pasar o tempo quizais haxa unha oportunidade de redención,
deixando pasar o tempo quizais non haxa nada
só o comezo dunha nova vida.

Zodia

Referencias

Dirección para referencias

Comentarios


Recordar datos


O diario "non diario" de lua © Todos os dereitos reservados ao autor
Sindica usando este lugar: RSS 1.0, RSS 2.0, Atom.
Esta bitácora está mantida por Bitacoræ.
LaInformacion.com lainformacion.com - Medio Oficial de los Premios Bitacoras 2009