Constrúe todos os teus camiños, porque o terreo de mañá é incerto para os proxectos e o futuro ten o costume de caer no baleiro

Un inferno de sentimentos escondidos.
Segredos de tolemias, impensables e daniñas.
Unha vela que se apaga sen fume.
O berro, inmerso no auga, do sufrir continuamente.
Unha paz alcanzable pola súa inexistencia.
Unha tortura de voces e miradas.
Unha luz que me ilumina a cara e unha sombra que cobre as miñas costas.
O feito de nacer unha vez por día para morrer tres.
Unha cara que se repite.
Un desexo de escapar de todo, aínda que sexa en busca dun lugar inencontrable.
O non saber se o que quero é o que quero.
Un aguillón venenoso ancorado no meu peito.
Un silencio que consome a miña conciencia.
Un martillo de madeira que golpea unha parede de ferro.
Un animal sen instintos.
Algo que falta, e non sei que, e non sei onde está, e non sei onde estaba.
Un outeiro onde quero gritar, unha casa onde poida vivir, unha compañía que non teño.
Unha idade á que quero volver.
E xa non podo pensar.
A miña coherencia estaba perdida fai bastante, pero ata hai pouco podía simular tela.
E agora xa non sei que facer.
Escribir para dar mágoa.
Cantar para ser escoitada, aínda que sexa por un intre.
Pero peor.
Porque non serve.
Porque non ten valor.
Porque é cruel.
Porque é un xogo imposible de gañar.
É inútil, falso, interesado, desapiadado.
Irreal.
E non podo evitar sentirme así.
Non puiden evitar ser así.
E non poderei nunca, se nunca o intento.

Comentarios (0) - Referencias (0)