Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

O diario "non diario" de lua

vampiresa.gif

Non importa a donde chegaches, senón a donde te diríxes e senón o sábes, calquera lugar serve...

O día está clareando...
A natureza esperta
do seu letargo nocturno.
Aquí uns paxaros
alí unhas flores
e sempre o Home.
Son momentos sublimes...
e é cando chega a contradición
sentimentos enfrontados,
paradoxas,
delirios...
O Sol e a Lúa manteñen
unha loita encarnizada
cotiá
eterna
Dous amantes
dous inimigos
dous confidentes...
Ela intenta seducirlle
téntalle, desvélalle parte dos seus segredos
El a ama, pero segue firme
Xa é de día.
Unha vez máis, el venceu.
A Lúa, derrotada, permanece
na cúpula celeste uns instantes máis,
queda, silenciosa
chea de ira, de rancor, de furia e de pena...
A súa historia non ten fin
Destinados a amar eternamente...
E a odiar
Sentimentos enfrontados,
impotencia,
tolemia...
Condenados desde o comezo da súa infinita existencia
encadenados e por sempre separados
Esa é a súa letanía
Pero pouco importa xa
a causa das súas penas
xa nunca lles recorda
xa non lles venera
xa non agradece a súa bondade
non lles dedica sequera un pensamento
Pero por ela
así permanecerán.

El Rincón de |Sade|

Referencias

Dirección para referencias

Comentarios


Recordar datos


O diario "non diario" de lua © Todos os dereitos reservados ao autor
Sindica usando este lugar: RSS 1.0, RSS 2.0, Atom.
Esta bitácora está mantida por Bitacoræ.
LaInformacion.com lainformacion.com - Medio Oficial de los Premios Bitacoras 2009