Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

O diario "non diario" de lua

vampiresa.gif

E as miñas sombras, hoxe, fóronse lonxe para non manchar a Luz coa que me iluminas neses instantes dos que non quero ver un final ....fatal...e mortal, que sen Ti viría ...

Vinche

¿Sabes que che vin?
Sabes que che vin...
Os teus ollos e os meus ollos
cruzáronse nun instante cheo de luz
...e de sombras.

Mireiche,
e quixen ver a través dos teus ollos
se aínda quedaba algo daquel
que coñecín.
Pero só vin
o sorriso cínico dun saúdo forzado
calado no teu rostro;
e regaleiche
o primeiro reclamo de alguén que che amou ata o final,
aínda que non o creas.

E malia que a lúa e as miñas bágoas
foron testemuñas silentes e eternas
do pacto que fixemos o teu anxo, o meu corazón e eu,
hoxe os teus ollos liberaron aos meus de promesas,
e xa non esperan máis o teu regreso,
porque a través da túa mirada
a túa alma díxome
que aquela sería
unha va espera...

En femenino.com

Referencias

Dirección para referencias

Comentarios


Recordar datos


O diario "non diario" de lua © Todos os dereitos reservados ao autor
Sindica usando este lugar: RSS 1.0, RSS 2.0, Atom.
Esta bitácora está mantida por Bitacoræ.
LaInformacion.com lainformacion.com - Medio Oficial de los Premios Bitacoras 2009