Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

O diario "non diario" de lua

vampiresa.gif

Cambiando as miñas Espiñas por Rosas

Vin camiñar centos de luces todas cara á punta dunha montaña que terminaba en lume, dándome resposta a todas as miñas preguntas.
Eu intentaba chegar á luz, pero á vez afastábame dela, non por terquedade, simplemente a tarefa estaba terminada, e decidín regresar a seguir o que facía, aínda que non tivese sentido seguir.
Camiñei na escuridade e na soidade sen nada que ver, tan só a longa liña da noite.
Aparece ante min unha mesa chea de comida, no centro a máis apetecible das mazás, cunha cor vermella brillante que irradia desexo e poder, clase e distinción, riqueza...
Pero a observo atentamente e a mazá está podrecida, como todos os meus soños.
Aparezo nun mundo de cruces e almas deixadas nun cemiterio, onde habita aquel que pon orde e á vez terror, morta de medo acurrálame contra a parede, tremo por dentro, surcanme as súas mans, achégame, leme os beizos abrindo a boca, respirámonos, ármome de valor e mírolle.
É aquilo que se alimenta da dor, pronto estará aquí, o sei, mírame fixamente e ofréceme borrar o meu nome da lista.
Cheiro a morte, a sangue, perfume e dor, mírame e entende o meu silencio, sabe cal é a miña resposta...

Necronomicron

Referencias

Dirección para referencias

Comentarios


Recordar datos


O diario "non diario" de lua © Todos os dereitos reservados ao autor
Sindica usando este lugar: RSS 1.0, RSS 2.0, Atom.
Esta bitácora está mantida por Bitacoræ.
LaInformacion.com lainformacion.com - Medio Oficial de los Premios Bitacoras 2009