A dor que non che mata, faiche máis forte

As persoas como eu temos unha estraña e limitada capacidade de esquecemento.
A nos, resúltanos moi sinxelo esquecer nomes, datas, números e en xeral calquera dato.
Esquecemos os nosos obxectos persoais en calquera lugar, esquécenllenos as citas máis importantes e ata darlle para comer ao gato do noso mellor amigo que se foi de vacacións.
O mundo exterior parece non importarnos, porque vivimos nun mundo interior, que é paradóxicamente o mundo dos nosos recordos.
Temos a capacidade de recordar cada cousa que nos sucede coma se cada vez ocorrese de novo.
Para ben ou para mal, os recordos dan voltas na nosa mente e nunca se marchan.
É coma se viaxasen en círculos concéntricos ao redor do noso punto de control emocional.
Podemos recordar unha frase ferinte durante o resto da nosa vida, e ata se chegamos a perdoar a quen a dixo, nunca conseguimos esquecela.
Cando parece que nos libramos do recordo máis terrible, as palabras, o ton de voz, o lugar, a hora, os cheiros, os sons, as temperaturas e a sensación que produciu, repítense como eco que rebota entre neuronas e líquidos cefálicos.
É un eco que nos fai estremecernos unha vez máis de medo, de pracer ou de nostalxia.
Eu teño un eco que nunca se marcha, que non me deixa durmir, nin comer, nin conducir.
A maior parte do tempo, o ruído de fóra sufócao, quizais porque é máis vivo, máis belo ou máis verdadeiro, pero o silencio...
¡que medo teño ao silencio!
Dichoso tú que no tienes el amor disperso...

Comentarios (0) - Referencias (0)