Camiño cara á luz

Gústame o mar, nadar, ver como se me engurran as mans nun baño quente, os gatos, os cans, a cor verde, os peluches de animais, ler de todo, escoitar música, as comedias románticas, Indiana Jones e Han Só (os meus heroes da infancia), o outono e o inverno, o frío, a choiva, pechar o paraugas 5 minutos antes de chegar a casa, mollarme para poder gozar cada segundo de cambiarme de roupa e poñerme calcetíns quentes, que a xente que quero me de boas noticias, os cativos, mirar o correo e ver que teño carta, pasear tranquilamente por lugares onde nunca estiven, conducir, as casas rurais.....
Disgústame o egoísmo, a xente que non fai nada polos demais, que se tapa os ollos ante a tristeza que ten diante e dálle todo igual, que deixa que a xente podrézase nas súas penas sabendo que con tenderlles a man faríanlles un favor inmenso, a xente fría e calculadora, os que pensan máis coa cabeza que co corazón, os demasiado lóxicos, os que son capaces de racionalizalo todo de maneira que dan un significado exacto a cousas tan impredicibles como un sentimento, o desamor, a tristeza, as bágoas, as noites sen durmir preguntándome que farei, a miña timidez, o medo á soidade, os autobuses, o dentista, preguntarme todos os días que terei de malo, non saber vivir soa, ser dependente......
Espejo, espejito...

Comentarios (0) - Referencias (0)