O caos é o baleiro que deixamos tras nós, quedando só no recordo o silencio e a soidade...

Vin como se me escurrían os meus soños por entre as xemas dos dedos, un tras outro, foron caendo, deslizándose sen podelos atrapar, quedeime mirando as palmas baleiras, vendo como os últimos, os máis brillantes e prometedores, desaparecían sen remedio.
Pechei os puños, con rabia, e griteilles que non me abandonasen, que me desen outra oportunidade de crer, pero xa era demasiado tarde, e só conseguín cravarme as uñas na palma da man, para que a rabia, a desesperación e a dor fixésenme romper a chorar.
Empezaron sendo bágoas silenciosas, que caeron rápidas, unha por cada lado, ansiosas por afastarse de min.
Sempre odiei á xente-sen-soño e ás miradas-sen-ilusión e aborrecín ás persoas-que-se-compadecen-de-se-mesmas, e iso, unido ao frío que deixaron os dous surcos baleiros nas miñas fazulas, fíxome estalar en sollozos.
Choro silencioso converteuse en respirar afogado, que, canto máis oía máis me afogaba, e así me quedei, tapándome a cara coas mans baleiras de soños, calando berros e obrigándome a respirar tranquila, porque a ansiedade axexa nestes momentos e non vou permitir que volva.
Sueños de una ciclotímica

Comentarios (0) - Referencias (0)