Cando che quitan todo agárrasche á imaxinación
lua - 02-04-2004 00:50:29 | Categoria: Gerald Brom

A súa cara era forte, moi forte, aguileña, cunha ponte moi marcada sobre o seu fino nariz e as fiestras dela especialmente arqueadas; cunha fronte alta e despexada e o pelo gris que lle crecía escasamente ao redor das tempas, pero profusamente noutras partes.
As súas cellas eran moi espesas, case se atopaban no entrecexo, e cun pelo tan abundante que parecía encresparse pola súa mesma profusión.
A boca, polo que podía ver dela baixo o tupido bigote, era fina e tiña unha aparencia máis ben cruel, cuns dentes brancos peculiarmente agudos; estes sobresaían sobre os beizos, cuxa notable rudeza mostraba unha singular vitalidade nun home da súa idade.
En canto ao demais, as súas orellas eran pálidas e extremadamente puntiagudas na parte superior; o mentón era amplo e forte, e as fazulas firmes, aínda que delgadas.
A tez era dunha palidez extraordinaria.
Fugit Ireparabile Tempus

Comentarios (0) - Referencias (0)