Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

O diario "non diario" de lua

vampiresa.gif

Palabras, miradas, tan inmenso é o teu universo, vasto sen fin, eterno e sincero, alento inverso, necesario para a miña existencia...

Os ollos parecían arderlle nas concas.
Eran dun vermello terrorífico, como inxectados en sangue, un vermello groso e espeso.
As concas oculares parecían non poder conter eses ollos vermellos.
Demasiada escuridade contiñan para poder pertencer a un ser humano.
Ollos sen pupila, desprovistos de sentimentos, eran os ollos dun demo ou dun ser procreado por monstros creadores de artificios mecánicos.
Ela negábase a crer que algo con eses ollos puidese ser humano.
Todo podía pasarse, as garras metálicas de crueis terminacións estriadas, a armadura iridiscente que cubría o seu torso, as grosas ás negras que se abriron maxestuosamente cando saltou a por a súa presa, os afiados colmillos cos que desgarrou o pescozo do desgraciado que nin sequera chegou a gritar antes de ser devorado..., todas poderían pasar por adquisicións dun Cazador, adquiridas nunha desas fábricas de armamento de nova xeración.
Pero eses ollos non...

ocio joven

Referencias

Dirección para referencias

Comentarios


Recordar datos


O diario "non diario" de lua © Todos os dereitos reservados ao autor
Sindica usando este lugar: RSS 1.0, RSS 2.0, Atom.
Esta bitácora está mantida por Bitacoræ.
LaInformacion.com lainformacion.com - Medio Oficial de los Premios Bitacoras 2009