Todo aquí é un xogo, un xogo triste cruel e ata doloroso, non hai día, non existe o tempo, só espazos
lua - 29-03-2004 01:44:56 | Categoria: Arte funerario

O canto dun moucho fíxolle dar un sobresalto e un paso cara atrás.
O seu corpo chocou contra algo duro e frío.
Virouse e malia a escuridade, viu perfectamente un anxo de mármore, que estendía os seus brazos e ás ao ceo dando a sensación de que en calquera momento íase a botar a voar.
Con todo, malia que o escultor intentara darlle unha cara doce e inocente, a mirada fixa e fría da pedra dáballe un aire misterioso e endemoniado.
Non se afastou, senón que se agachou a mirar o pedestal sobre o que se atopaba a figura, onde había un gravado con algún nome e unha data.
Mais o paso do tempo borrara a inscripción e era imposible lela.
Pasou á beira do anxo deixándoo atrás e mirou á fronte.
Ante ela estendíase un cemiterio abandonado, cheo de figuras e crucifixos de todos os tamaños.
A herba, as flores silvestres e as enredadeiras invadiran o lugar, crecendo aquí e alá, sen orde nin concerto, cubrindo as lápidas e impedindo pescudar de quen eran, levándoas ao anonimato.
Camiñou entre as tumbas, no bico dos pés, coma se o andar de présa ou pisando con firmeza a herba, fose estorbar o descanso dos mortos.
Observou cada unha das figuras coas que topaba, atentamente, igual que se se atopase nun museo de esculturas.
inforol

Comentarios (0) - Referencias (0)