Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

O diario "non diario" de lua

vampiresa.gif

Pintaron os segredos coas mentiras

Din que a primeira reacción ante a traxedia é a negación. Non do feito en si, senón a negación da dor.
11-M en Madrid. Outro 11, esta vez coa M, coa eme de Madrid, coa eme de masacre, coa eme de morte; tamén coa M do mal.
Unha vez máis o terror, unha vez máis a dor, unha vez máis as preguntas que chegan a gallarón cando o que se espera son respostas.

Se algo nestes momentos queda en dúbida é a credibilidade dos axentes políticos que onte e hoxe basearon o seu discurso na versión policial e na mentira pura e dura, máis escandalosa.

¿Quen se atopa detrás?
Detrás atópase abarbarie da sen razón, o fundamentalismo, político e relixioso, a irresponsabilidade de todos, especialmente dos políticos, a falta de dialogo, para intentar acabar con toda esta brutalidade, xa vai sendo hora que nos poñamos a buscar solucións TODOS, e deixémonos de tantas palabras.

Noutro momento, ademais de condenar aos f.de.p. de os asasinos habería que esixir responsabilidades (dimisións) de alguén, ¿o goberno quizáis?, por qué non se garantido a seguridade dos cidadáns ante a sospeita de atentados, logo do das celébres furgonetas.
Pero nesta ocasión, a dous días da pechadura da campaña electoral, prodúcese esta masacre, tres días de loito.

Se, esixir responsabilidades, senón houbese eleccións, abofé que o farían, agora, a dous días, non é políticamente correcto, pero se lle quedase un pouco de dignidade ao asno con bigotes, convocaría á prensa, pediría desculpas pola súa enorme estupidez, e acto seguido daríase un tiro na cabeza, pero como a palabra dignidade non se haxa no seu vocabulario, teremos que convivir con esta gentuza, e será posible que España vólvalle a votar.

Se o monaguillo de Bush tivese máis carácter e non fose tan terco como os asnos, non teríamos que lamentar tal barbarie :(

Séntoo, non me gusta usar o insulto para descualificar a ninguén, pero o cabreo é tanto, que nin me paro a buscar as palabras apropiadas.

Espero que me saiban desculpar :(

Referencias

Dirección para referencias

Comentarios


Recordar datos


O diario "non diario" de lua © Todos os dereitos reservados ao autor
Sindica usando este lugar: RSS 1.0, RSS 2.0, Atom.
Esta bitácora está mantida por Bitacoræ.
LaInformacion.com lainformacion.com - Medio Oficial de los Premios Bitacoras 2009