Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

O diario "non diario" de lua

vampiresa.gif

Un día máis...

Un día mais que para min é o nacemento de moitos soños, que non deixan de ser iso e ben o sei...pero un soño que pode nacer simplemente con que me mires; pero para min non será só unha mirada...será "A túa Mirada".
Por aí, axudan as esperanzas a mostrar no meu rostro un sorriso máis espontáneo e alegre, que oculte a dor que causas, o que espero que nunca sentas, o que volve tan só con escribir estas palabras, tan só con recordalas.
Como facer, para que comprendas?, se tan só dixeses algo, se tan só respondeses as miñas preguntas?
¿Tan pouca cousa son? ¿Tan pouco me valoras?
Non che culpo, non son ninguén nin nada como para encher as túas expectativas.
Seguen pasando os días e o meu corazón non se resigna a perderche e a volver saber de ti, a escoitarche, a verche de novo, aínda que saibamos que non poderemos estar xuntos nunca mais, se que chegaches tarde á miña vida pero che quedaches no mais profundo do meu corazón e deixaches pegadas imborrables.
Desexo que teñas a felicidade que nunca puiden darche.

Pensamientos y reflexiones

Referencias

Dirección para referencias

Comentarios


Recordar datos


O diario "non diario" de lua © Todos os dereitos reservados ao autor
Sindica usando este lugar: RSS 1.0, RSS 2.0, Atom.
Esta bitácora está mantida por Bitacoræ.
LaInformacion.com lainformacion.com - Medio Oficial de los Premios Bitacoras 2009